martes, 27 de febrero de 2018

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.
“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!
Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.

miércoles, 7 de febrero de 2018

Viaxe a Baiona

O noso cole participou, no mes de febreiro, na segunda fase do programa "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Consellería do Mar. Viaxamos ata a Vila de Baiona, na provincia de Pontevedra, na que, grazas aos monitores e monitoras da organización, visitamos:
  1. Casa da Navegación de Baiona, a cal alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Vila de Baiona, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou o seu porto na historia da navegación atlántica.
  2. Estación Marítima América, na que nos amosaron os diferentes aparellos de pesca.
  3. Lonxa de Baiona, na que puidemos observar como se poxa pola peixe que entra na lonxa de Baiona.
  4. Praza de abastos de Baiona, na que nos amosaron os diferentes postos de venta de peixe fresco, el salmoira e en conserva. Para rematar nun magnífico xantar de produtos do mar: croquetas, pizza mariñeira e iogurt.
  5. Parque A Palma, antes de regresar a Ourense puidemos gozar das instalación do parque de A Palma na que os nenos e nenas do CEIP Manuel Sueiro o pasaron en grande.
                Agardamos regresar para poder seguir coñecendo esta magnífica vila como é Baiona.

jueves, 1 de febrero de 2018

O sabor da aventura está no mar

Nos últimos tempos a diminución do consumo de peixe entre os nenos e nenas da nosa comunidade autónoma é unha realidade. É por iso que a Xunta de Galicia, consciente desa realidade, deseña actuacións que buscan o establecemento de medidas que faciliten o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as axudas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.
O noso cole participou, no mes de xaneiro, nun dos obradoiros que e Consellería do Mar realiza nos centros educativos galegos. Dun xeito lúdico, coñecimos os principais nutrientes que nos aporta o pescado e descubrimos varias receitas con peixe que son fáciles de realizar.