viernes, 24 de noviembre de 2017

Traballando por unha mocidade saudable

O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria participou nun obradoiro organizado pola Consellería de Sanidade titulado “Por unha mocidade saudable” co que traballamos aspectos relacionados cos hábitos saudables.
Con el pretendemos inculcar no alumnado que sexan conscientes da importancia da alimentación saudable e como a actividade física nos axuda a ter un corpo san.
Introducíronse conceptos básicos sobre unha boa alimentación. Traballáronse, tamén, aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. Elaboramos un almorzo saudable e cada alumno elaborou un prato favorito.
Ademais, este programa tamén inclúe o concurso de “Chefs saudables” dirixido a alumnos e docentes dos centros participantes. Trátase de que deseñen e elaboren unha receita propia, cun menú saudable, dacordo cos  coñecementos adquiridos.
Esta campaña, “Por unha mocidade saudable”, pretende sensibilizar e educar para prever a obesidade, xa que o 8% dos nenos galegos de 6 a 9 anos son obesos e o 25% deles sofren  sobrepeso.

martes, 21 de noviembre de 2017

Saúde bucodental

O 20 de novembro contamos coa presenza de persoal especializado da Consellería de Sanidade para impartir un obradoiro de saúde bucodental a todo o alumnado do noso centro titulado "Coidando a miña boca".
Falounos da importancia de manter unha dieta non carioxénica, e adquirimos competencias que perseguen o fomento dunha hixiene oral efectiva e despois de cada comida.
Durante o relatorio púxose de manifesto que actualmente os escolares galegos teñen unha saúde bucodental equiparable á dos escolares dos países europeos máis avanzados neste campo. Unha das principais razóns deste importante avance foi o incremento da educación para a saúde bucodental na escola. Para todo isto a importancia da comunidade educativa foi, e continúa sendo, indiscutible.

jueves, 16 de noviembre de 2017

Exposición froitos de outono

Durante o mes de novembro realizamos, nos corredores do colexio, unha exposición temática sobre froitos do outono con traballos manuais  elaborados polo alumnado do centro coa axuda das súas familias.
Na galería de imaxes podedes observar a extraordinaria calidade dos traballos presentados. 

jueves, 2 de noviembre de 2017

Exposición H2Oh!!

O alumnado de Ed. Primaria participou, o 27 de outubro, na exposición H2Oh! "Os segredos do auga da túa cidade" coa que se pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan preciado e, á súa vez, tan escaso.
Vivimos nun planeta privilexiado, e o é porque posúe unha sustancia excepcional: a auga líquida. Pero, pese a esta aparente abundancia, a auga doce, da que dependemos directamente para vivir, é un recurso limitado. A cantidade de auga presente no noso planeta non variou en millóns de anos. Cando bebemos un vaso de auga, poderiamos estar bebendo as mesmas moléculas que no seu día bebeu un dinosauro, e ata as mesmas bágoas de Nefertiti.
O progresivo crecemento da poboación mundial supón unha demanda de auga cada vez maior. Polo tanto, o reto consiste en cubrir as necesidades de provisión da poboación de forma sostible e, ao mesmo tempo, completar o ciclo devolvendo a auga ao medio natural nas mellores condicións posibles.
Reflexionar sobre os grandes desafíos tecnolóxicos, económicos e medioambientales que con leva un xesto aparentemente tan sinxelo como abrir unha billa na casa e que salga auga potable foi un dos obxectivos desta exposición, baseada en distintos elementos museográficos singulares, desde pezas reais ata interactivos multimedia de última xeración cos que aprendimos de forma lúdica.
Tamén aprendimos na mostra por que dicimos que a auga é o «elixir da vida», comprobamos cal é o noso peso en auga e o de diversos obxectos e produtos, ou a que se destina a maior parte do auga doce, entre outras cousas.

viernes, 20 de octubre de 2017

Benvidos



BENVIDOS AO NOSO BLOG ESCOLAR SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE


Neste blog colgaremos todas as actividades que realizamos no CEIP Manuel Sueiro durante o curso escolar 2017/2018 sobre alimentación e hábitos saudables.