viernes, 24 de noviembre de 2017

Traballando por unha mocidade saudable

O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria participou nun obradoiro organizado pola Consellería de Sanidade titulado “Por unha mocidade saudable” co que traballamos aspectos relacionados cos hábitos saudables.
Con el pretendemos inculcar no alumnado que sexan conscientes da importancia da alimentación saudable e como a actividade física nos axuda a ter un corpo san.
Introducíronse conceptos básicos sobre unha boa alimentación. Traballáronse, tamén, aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. Elaboramos un almorzo saudable e cada alumno elaborou un prato favorito.
Ademais, este programa tamén inclúe o concurso de “Chefs saudables” dirixido a alumnos e docentes dos centros participantes. Trátase de que deseñen e elaboren unha receita propia, cun menú saudable, dacordo cos  coñecementos adquiridos.
Esta campaña, “Por unha mocidade saudable”, pretende sensibilizar e educar para prever a obesidade, xa que o 8% dos nenos galegos de 6 a 9 anos son obesos e o 25% deles sofren  sobrepeso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario