martes, 21 de noviembre de 2017

Saúde bucodental

O 20 de novembro contamos coa presenza de persoal especializado da Consellería de Sanidade para impartir un obradoiro de saúde bucodental a todo o alumnado do noso centro titulado "Coidando a miña boca".
Falounos da importancia de manter unha dieta non carioxénica, e adquirimos competencias que perseguen o fomento dunha hixiene oral efectiva e despois de cada comida.
Durante o relatorio púxose de manifesto que actualmente os escolares galegos teñen unha saúde bucodental equiparable á dos escolares dos países europeos máis avanzados neste campo. Unha das principais razóns deste importante avance foi o incremento da educación para a saúde bucodental na escola. Para todo isto a importancia da comunidade educativa foi, e continúa sendo, indiscutible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario