domingo, 15 de abril de 2018

Delicias de pemento

O alumnado de 2º de Ed. Primaria, este curso, tamén participou no concurso de Chefs saudables que convocou a Consellería de Sanidade.
Todo o alumnado elaborou, coa axuda dos mestres, unhas receitas que eles mesmos buscaron nos fondos da nosa biblioteca.
Para mercar os produtos fixemos unha saída a un supermercado que hai no barrio do cole.
Para elaborar o menú empregamos as instalacións, aparellos e utensilios que hai na cociña escolar.

O resultado da nosa creación podédelo ver no seguinte vídeo:
 GALERÍA DE IMAXES

No hay comentarios:

Publicar un comentario