jueves, 21 de febrero de 2019

O sabor da aventura está no mar


O alumnado de Ed. Primaria do noso cole participo o 21 de febreiro no programa "O sabor dá aventura está non mar", que promove a Xunta de Galicia con financiamento da Unión Europea. O seu obxectivo é "valorizar e fomentar o consumo dos produtos da pesca e da acuicultura, así como incidir e equilibrar as dietas alimenticias nas idades infantil e  xuvenil".
Esa idea desenvólvese en localidades costeiras para achegar aos nenos e nenas a esa realidade, ampliar os seus coñecementos sobre os produtos do mar, profundar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.
Nós, nesta ocasión, visitamos o concello costeiro de Noia para visitar a súa lonxa, a depuradora de marisco e ver como traballaban as persoas mariscadoras da cofradía de Noia na praia do Testal.
Na zona de marisqueo aprendemos a diferenciar entre berberechos, ameixas finas e ameixas xaponesas. Asemade, practicamos co raño para sacar o marisco da area e fomos testemuñas presenciais do proceso que se sigue desde que se colle o marisco ata que chega á depuradora.
Para rematar a viaxe, as organizadoras convidáronnos a un exquisito manxar, a base de empanada de millo con berberechos, canelóns de peixe e rosca de Noia, nas instalacións do Club Náutico no porto do Freixo.
Pasámolo xenial

No hay comentarios:

Publicar un comentario